Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

potencia radiada aparente

Descrición da potencia de emisión dunha antena incluída a potencia eléctrica entregada á mesma e a ganancia da antena.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
PRA
Exemplo: 
Os gap-fillers ou pequenos reemisores de TDT están limitados por lei a un máximo de 1 W de potencia radiada aparente para evitar interferencias.
Información complementaria: 
Concepto moi similar a PIRE. A PRA é un parámetro moi utilizado para describir emisoras e receptoras de TV e/ou radio. Na potencia radiada aparente sempre se utiliza a ganancia da antena referida ao dipolo en lambda medios, que é a antena de referencia da radiodifusión. Matematicamente calcúlase multiplicando a potencia eléctrica pola ganancia (en unidades naturais) ou sumando ambas as dúas cantidades, cando se expresan en dB.
Ver tamén: 
ganancia de antena; potencia isotrópica radiada equivalente
Traducions
Tradución castelán: 
Potencia radiada aparente; PRA
Tradución inglés: 
Apparent radiated power