Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

transpondedor

Dispositivo que está preparado para recibir un sinal de aviso e responder co sinal que se decida.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
transponder
Exemplo: 
Un exemplo simple de transpondedor sería un chip RFID que ante un sinal de interrogación emite unha resposta identificándose.
Información complementaria: 
O termo procede do inglés "transponder" que é a unión de transmitter (transmisor) e responder (contestador). Tamén se lles chama transpondedores aos repetidores utilizados a bordo dos satélites para actuar como repetidores de sinais. Aínda que estes entran dentro da definición xeral case é unha acepción nova. Un transpondedor de satélite amplifica o sinal e cambia a súa frecuencia central sen alterar (de feito, sen coñecer) a natureza do mesmo (funciona igual con sinais analóxicos que dixitais). O uso máis estendido dos transpondedores de satélite é na difusión de TV por satélite.
Ver tamén: 
Radio Frequency IDentification; satélite artificial
Traducions
Tradución portugués: 
transponder; transpondedor
Tradución castelán: 
transpondedor; transponder
Tradución francés: 
transpondeur
Tradución italiano: 
transponder
Tradución inglés: 
transponder
Tradución alemán: 
Transponder