Dispositivo que controla o contorno co obxecto de xerar un evento que será procesado por un controlador como pode ser a activación dun interruptor, detección de humidade, fume, lume, concentración de CO, de movemento ou intrusión, termóstatos, saída de auga, gas...
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
No fogar dixital hai numerosos tipos de sensores domóticos.Información complementaria:
Poden ser tan sofisticados como sexa necesario para que detecten as modificacións das variables físicas que o sistema está procesando. Estes datos poden ser ordes directas aos actuadores ou poden ir previamente a unha central domótica e en función da programación nela introducida sairá a orde final ao actuador correspondente.
Os sensores domóticos tamén poden ser sen fíos.