Configuración das vías de comunicación e das vías enerxéticas dunha instalación domótica.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
As redes de conexión en domótica requiren logo mantemento técnico.Información complementaria:
Nas instalación domóticas danse tres tipos de redes: a rede de comunicación ou información (<24V), a rede de control ou de sinal débil (<24V) e a rede de potencia ou de sinal forte ( 230/400 V). Habitualmente, considérase como unha soa rede o conxunto da rede de comunicación e da rede de control (rede de datos). Así mesmo, dada a complexidade de funcións e servizos do sistema dunha vivenda domótica, o normal é que coexistan diferentes configuracións ou soportes de transmisión de información.
Unha rede de conexión defínexe por características como o tipo de arquitectura ou a topoloxía da rede (topoloxía en estrela, topoloxía en anel, topoloxía en BUS, topoloxía en árbore, etc.).