Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

corrente portadora en domótica

Soporte da rede eléctrica de potencia da vivenda (230V) que funciona modulando unha onda portadora de alta frecuencia (composta de datos e información) superposta á corrente alterna e que circula pola rede en compañía da tensión de alimentación dos accionadores.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
corrente portadora; transmisión por liña eléctrica de 50 Hz
Exemplo: 
A corrente portadora en domótica é o medio máis económico de transmisión pero non vale para todos os tipos de instalacións.
Información complementaria: 
Pódese destacar a prestación do aproveitamento da instalación eléctrica cun custo practicamente cero, a súa sinxela montaxe (interfaces directamente conectadas á base do enchufe) e a súa adaptabilidade ás instalación domóticas en vivendas xa construídas. As principais desvantaxes poderían resumirse en que precisa da instalación de filtros que eviten a contaminación da rede eléctrica exterior á vivenda, polo que é un sistema fiable en domótica de vivenda pero non tanto en contornos industriais ou grandes edificios (debido á súa alta sensibilidade ás interferencias) e á súa reducida velocidade.
Traducions
Tradución castelán: 
corriente portadora en domótica
Tradución inglés: 
power line carrier in domotics