Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

probador

Persoa que realiza un test de proba sobre desenvolvementos informáticos cuxos executables están pendentes de terminar a súa fase de programación, ou de alcanzar un alto nivel de funcionamento, pero que aínda non son completamente estables.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
probador de versión beta; probador de software; probador beta
Exemplo: 
Moitas empresas de software empregan determinados clientes como probadores a cambio dunha contraprestación.
Información complementaria: 
Os probadores usan os seus coñecementos informáticos e o seu tempo para detectar erros no software e así poderen informar destes para que os que os desenvolven os corrixan, ou os corrixan eles mesmos. Algunhas compañías contrátanos para asegurarse de que os seus programas van funcionar o mellor posible no mercado. Outro tipo de probadores son os que traballan desinteresadamente ofrecendo soporte e axuda á comunidade GNU. Os sitios web deberían ser testados sempre, tanto por usuarios potenciais como por profesionais alleos á empresa propietaria do sitio web e, por suposto, a quen o desenvolveu.
Ver tamén: 
beta; GNU is not UNIX
Traducions
Tradución portugués: 
betatester
Tradución castelán: 
probador; betatester
Tradución francés: 
bêta testeur
Tradución italiano: 
betatester
Tradución inglés: 
betatester
Tradución alemán: 
Betatester