'Test de Turing público completamente automatizado para diferenciación entre computadoras e humanos', sistema ideado para protexer as páxinas web contra os robots de rexistro automático que mostra un texto deformado ou imaxe de xeito que só un ser humano o poderá identificar e transcribir.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
captcha
Abreviatura:
CAPTCHA
Exemplo:
Tes que protexer as descargas da túa web contra ataques en Internet, poderías empregar un CAPTCHA. Información complementaria:
O usuario ten que teclear o texto deformado nunha fiestra ao efecto e así demostra que é un ser humano e non un programa facéndose pasar por unha persoa. Este sistema estase a popularizar rapidamente, e xa o usan os principais servizos de correo electrónico gratuítos, como Hotmail, Yahoo, etc.
O caso máis cotián é aquel no que para cubrir un formulario temos a obriga de encher un campo de texto coas letras que aparecen nunha imaxe xerada de xeito automático. Así, o webmaster asegúrase de que o acceso á web é de xeito manual, non a través dun programa específico. Evítanse, deste xeito, consultas automatizadas ou accesos repetitivos a determinadas zonas da web