Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

potenciómetro

Dispositivo electromecánico que consta dunha resistencia de valor fixo R1 e un cursor móbil que divide R1 en dous valores R2 e R3 de xeito que R2 + R3 = R1.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
resistencia variable
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Mediante un potenciómetro poderemos variar o sinal de saída.
Información complementaria: 
O dispositivo consta dunha entrada, unha resistencia e un cursor móbil que determina a parte da resistencia que é cruzada pola corrente antes de chegar á saída, polo que a súa posición é proporcional ás características da corrente da liña e permite controlar a súa intensidade se se conecta en paralelo ou a súa diferencia de potencial se se conecta en serie. Se o cursor apoia moi cerca do primeiro a resistencia entre elas é pequena, e se apoia lonxe a resistencia é maior. Úsase como elemento de axuste en circuítos, e como elemento de control en todo tipo de amplificadores. Poden ser circulares se o axuste de resistencia se fai xirando un eixo, ou lineais se o axuste se fai desprazando o terminal intermedio. Poden ser simples ou múltiples; estes últimos son usados cando se precisa controlar varios circuítos simultaneamente. Poden ser de variación de resistencia lineal (o máis habitual) ou logarítmica (de uso como mandos de control de volume en amplificadores de audio). Combinándoos con outras resistencias en paralelo pódense conseguir curvas de variación co ángulo de xiro diversas. Hai moitos tipos de potenciómetros
Traducions
Tradución portugués: 
potenciômetro; potenciómetro
Tradución castelán: 
potenciómetro
Tradución francés: 
potentiomètre
Tradución italiano: 
potenziometro
Tradución inglés: 
potentiometer
Tradución alemán: 
Potentiometer