Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

capa ionosférica Es

Capa da ionosfera media situada entre 90 km e 120 km de altura, similar á E pero caracterizada porque está formada por nubes de alta ionización e porque é unha capa esporádica que pode durar desde uns minutos ata varias horas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
capa Es; capa ionosférica E esporádica; capa E esporádica; capa ionosférica E temporal; capa E temporal
Abreviatura: 
Es
Exemplo: 
Coa capa Es pódese chegar a recibir sinais de televisión de estacións afastadas varios centos de quilómetros.
Información complementaria: 
As nubes de alta ionización son capaces de reflectir sinais de ata 250 MHz.
Ver tamén: 
capa ionosférica D; capa ionosférica E; capa ionosférica F; capa de inversión; conduto; ionosfera
Traducions
Tradución portugués: 
camada Es
Tradución castelán: 
capa Es
Tradución francés: 
couche Es
Tradución italiano: 
strato Es
Tradución inglés: 
Es layer; sporadic E layer
Tradución alemán: 
Es-Schicht