Protocolo de transmisión asíncrona de ficheiros utilizado especialmente en conexións a través de módem.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
Kermit
Exemplo:
O usuario enviou os ficheiros á placa de desenvolvemento sobre a conexión serie co protocolo Kermit.Información complementaria:
O protocolo Kermit foi creado na Universidade de Columbia en 1981. O kermit divide un ficheiro en partes do mesmo tamaño denominadas paquetes ou bloques. As partes de datos están rodeadas por información de control. O computador receptor comproba cada paquete que recibe e envía un asentimento positivo (ACK) ou negativo (NACK) para indicar de forma explícita se o paquete se recibiu ou non. Adóitase comparar cos protocolos XMODEM, YMODEM e ZMODEM.
Ver tamén:
xmodem; ymodem; zmodem