'Linguaxe extensible de marcaxe de hipertexto', linguaxe híbrida que permite migrar de HTML a XML consistente nunha reformulación de HTML 4.0 como unha aplicación XML 1.0, coa que os programadores poden crear documentos HTML e incluír funcións XML.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
XHTML
Exemplo:
XHTML permite crear documentos complexos que inclúan ecuacións matemáticas ou música en XML.Información complementaria:
Na práctica, é unha linguaxe de programación de marcas estandarizada polo W3C similar ao HTML pero cunhas regras sintácticas moi estrictas co obxectivo de ser compatible co estándar XML e que os documentos estean escritos cunha sintaxe coherente, ordenada e ben aniñada.