Procedemento de xestión de acceso que se usa para comprobar a identidade da orixe dun cliente, usuario, servizo, mensaxe, persoa ou proceso para acceder a un recurso, aplicación ou poder realizar un proceso ou acción dererminada.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
O portal presenta un xestor de autenticación baseado no recoñecemento do usuario e do contrasinal.Información complementaria:
A autenticación baséase en algortimos criptográficos asimétricos como as cifraxes de clave pública. Por exemplo, se A sabe que B é o único que sabe calcular raíces cadradas A envíalle a B un número grande e B devólvelle a raíz. A non sabe calcular raíces pero pode comprobar que está ben calculada (e que polo tanto o interlocutor é realmente B). Os algoritmos de cifraxe asimétrica permiten definir operacións matemáticas que dependen de dúas claves: unha para realizar a operación directa e outra para a inversa. Unha das claves faise pública e a outra é retida en privado polo usuario. Así ese usuario será o único que pode xerar certos resultados, pero calquera poderá comprobalos.
Cando un usuario entra nun sistema, este ten que recoñecelo como auténtico, non como impostor. Segundo a complexidade da técnica utilizada para este fin temos diferentes métodos de autenticación.
Ver tamén:
cifraxe; sinatura electrónica