Conmutador electromagnético que substituíu aos circuítos electromecánicos paso a paso nas centrais de conmutación telefónica.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Sinónimos:
Xbar
Abreviatura:
Xbar
Exemplo:
Ao marcar un número de destino no teléfono, este sistema configura os circuítos para que a chamada chegue ao usuario receptor. Información complementaria:
Neste sistema resérvase un camiño ao longo da matriz de conmutación a partir dos números do destino. Ata a aparición dos sistemas electrónicos foi o sistema de conmutación predominante.
O primeiro conmutador crossbar foi instalado en New York en 1938. As bases foron desenvolvidas por AT&T, pero un dos principais fabricantes foi Ericsson.
Ver tamén:
rotary