Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

monitoración da periferia

Metodoloxía de proba e depuración de interconexións eléctricas e subsistemas no circuíto integrado ou na placa especificada polo estándar IEEE 1149.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
análise da periferia
Información complementaria: 
Foi desenvolvida pola industria electrónica europea (BT, GEC/Marconi, Philips and Siemens) en 1985 e finalmente normalizada polo IEEE en 1990 baixo a norma 1149 titulada Standard Test Access Port and Boundary-Scan Architecture. A partir deste momento pasouse a coñecer polo acrónimo do grupo de desenvolvemento, JTAG (Joint Test Action Group). Na versión de 1994 incorpora a linguaxe de definición BSDL (Boundary Scan Description Language) que define o contido lóxico dun dispositivo compatible con este estándar. Foi adoptado pola industria electrónica de todo o mundo e actualmente o estándar atópase na súa versión 1149.7.
Ver tamén: 
Joint Test Action Group
Traducions
Tradución castelán: 
monitorización de periferia
Tradución francés: 
scrutation des frontières
Tradución inglés: 
boundary scan
Tradución alemán: 
Grenzpfadabtastung