Especificación do ANSI para un bus de alta velocidade destinado a conectar dispositivos de almacenamento.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
HIPPI
Información complementaria:
Na especificación orixinal incluía un cable con 50 pares trenzados con capacidade para transportar ata 100 MBps (800 Mbps) en modo símplex para distancias de ata 25 metros. As especificacións sucesivas permitiron acadar 200 MBps en distancias de ata 10 Km. HIPPI-6400 acada 6.4 Xbps para 50 metros (pares trenzados) ou 1 Km (fibra óptica). Foi substituído por interfaces como SCSI ou fibre channel. É destacable o feito de que HIPPI apareceu cando Ethernet era un enlace de 10 Mbps (fronte aos 800 Mbps de HIPPI).
Ver tamén:
fibre channel; Small Computers System Interface







