Fenómeno de degradación da facultade de manter a carga o tempo para o que foi deseñada polo cal as baterías recargables van perdendo capacidade de carga se non se descargan por completo en cada uso.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina que non admite plural
Sinónimos:
batería viciada
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
As baterías de NiCd perden moita capacidade polo efecto memoria.Información complementaria:
Para evitar o efecto memoria, non convén cargar a batería do móbil se aínda ten a metade de carga, non convén utilizar o portátil cando o teñamos enchufado á rede.