Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

principio de Pareto

Principio que sostén que o oitenta por cento dos resultados provén do vinte por cento das accións, porque considera que en determinadas distribucións estatísticas, unha minoría (o 20%) ten a maior parte (o 80%) de algo (recursos, tempo, riqueza...), mentres que a maioría restante (o 80%) posúe a pequena parte restante (o 20%).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
regra de Pareto; regra do 80/20
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
Segundo o principio de Pareto, o consumo do 80% de recursos de ancho de banda dunha rede é orixinado do 20% de usuarios dela.
Información complementaria: 
O termo provén de Vilfredo Pareto, que observou que a principios do século XX o 80% dos ingresos de Italia proviñan do 20% da poboación, ou que o 80% dos terreos estaban en posesión do 20% da poboación. Principio de aplicación en diferentes ámbitos como economía, tecnoloxía, etc.
Traducions
Tradución portugués: 
princípio de Pareto; lei de Pareto; princípio 80-20
Tradución castelán: 
principio de Pareto; regla del 80-20
Tradución francés: 
loi de Pareto; loi des 80/20
Tradución italiano: 
principio di Pareto
Tradución inglés: 
Pareto principle; 80-20 rule; law of the vital few; principle of factor sparsity
Tradución alemán: 
Paretoprinzip; Pareto-Effekt; 80-zu-20-Regel