Linguaxe de programación de tipo imperativo que divide os programas en procedementos e que está considerada unha das máis estruturadas.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Exemplo:
O pascal foi desenvolvido por Niklaus Wirth.Información complementaria:
É unha linguaxe moi empregada na docencia mais non é tan popular na práctica profesional. Existen diversos compiladores: turbo pascal, delphi... que, ás veces, admiten instrucións especiais xerando dialectos do pascal orixinal. Os códigos fonte utilizan extensión .pas. É moi similar a modula-2.
Ver tamén:
linguaxe imperativa; Modula-2