Parámetro que mide o tempo que tarda en atenuarse a luz que emiten os luminóforos dunha pantalla de televisión feita con tubo de imaxe.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
latencia
Información complementaria:
Débese axustar para conseguir unha adecuada persistencia de cada punto da imaxe. Se é moi curto fai que se note o apagado entre imaxes; se é moi longo pode producirse un pequeno borrón cando hai forte movemento entre imaxes.
Ver tamén:
tempo de esvaecemento