Código de cinco bits que consistía nun dispositivo, precursor do teletipo, que transmitía información entre dous dispositivos electromecánicos sincronizados.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Inventado por Emile Baudot en 1870 para utilizar no distribuidor de Baudot. O código Baudot está limitado a 32 caracteres e, polo tanto, non é suficiente para representar todos os caracteres do alfabeto inglés. O uso da tecla maiúsculas permitiu alternar entre letras e outros caracteres.
O código Baudot utiliza unha transmisión asíncrona, con bits de parada e de inicio. Os teletipos utilizaron tamén o código Baudot.
Ver tamén:
telégrafo; teletipo