'Termina e permanece residente', programa que se carga e permanece na memoria RAM aínda que non se estea executando para estar dispoñible no momento no que se precise.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
TSR
Exemplo:
Moitos antivirus ou compresores de memoria actuaban como programas TSR en MS-DOSInformación complementaria:
Estes programas fixéronse populares no sistema operativo DOS para ofrecer unha utilidade similar á dos sistemas operativos multitarefa.
Na actualidade cos sistemas operativos multitarefa os programas TSR non son necesarios.
Ver tamén:
multitarefa; sistema operativo de disco