Sistema de intelixencia artificial capaz de realizar un labor de forma autónoma aprendendo dos datos que atopa no seu contorno.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Un exemplo de uso sería un lector de prensa que examina as edicións en liña de varios periódicos e que lle ofrece ao usuario unha relación das que considera máis importantes. O sistema empezaría a funcionar cuns criterios iniciais, pero cando o usuario decidise ler algunha das noticias estaría permitindo que o axente intelixente aprendese cales son as noticias que lle interesan a ese usuario e tamén posibilitaría a eliminación da busca dos periódicos que non son consultados e engadir outros á vista das noticias seleccionadas. Por exemplo, se o usuario le noticias de deportes, pódense engadir os diarios deportivos.
Ver tamén:
intelixencia artificial