Transformar un ficheiro executable en código fonte nalgunha linguaxe de programación de alto nivel, de forma que poida ser lido e interpretado por unha persoa.
Categoría Gramatical:
verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán
Exemplo:
Para entender o funcionamento dun programa do que só se posúen os executables, é preciso realizar un proceso de descompilación.Información complementaria:
A descompilación é unha forma de enxeñaría inversa que realiza o proceso contrario a un compilador.
A desensamblaxe é un proceso similar, no que o código binario se traslada a linguaxe ensambladora.
Ver tamén:
compilar; compilador; desensamblar