Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Near Instantaneous Companded Audio Multiplex

'Multiplexado de audio con compresión case instantánea', sistema de compresión sen perdas para audio dixital desenvolvido para comunicacións en enlaces punto a punto dentro das redes de radiodifusión.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
NICAM
Exemplo: 
A Televisión de Galicia emite a segunda canle de son no sistema NICAM.
Información complementaria: 
Sistema desenvolvido na década de 1970. Nos anos 80, en moitos países de Europa, entre eles España, adoptouse esta forma de modulación dixital para introducir unha segunda canle de audio en televisión analóxica. Con esta segunda canle abríase a posibilidade de transmisión de son estéreo (dúas canles de son para un único audio) ou dual (un son diferente en cada canle), o que permite transmitir películas co audio no idioma local ou co audio orixinal en inglés. Outros países como Alemaña modularon esta segunda canle en FM. Nesta modulación ensaiáronse os primeiros sistemas de introdución de redundancias en canles de audio dixital que permitían a recepción de diferentes calidades en función do nivel de sinal recibido intentando suavizar o noiro dixital no que, ou se recolle o sinal con toda a calidade ou non se recolle nada.
Ver tamén: 
compresión sen perdas; noiro dixital; radiodifusión
Traducions
Tradución portugués: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM
Tradución castelán: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM
Tradución francés: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM
Tradución italiano: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM
Tradución inglés: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM
Tradución alemán: 
Near Instantaneous Companded Audio Multiplex; NICAM