Compoñente do sinal de vídeo na que se codifica a cor, que consta de dous termos, a saturación, que dá a cantidade da cor, e a tinguidura, que proporciona o tipo de cor (se é vermella, verde, amarela, etc.).
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
croma
Abreviatura:
Cr
Exemplo:
NAInformación complementaria:
Nos sistemas de TV PAL e NTSC adóitase codificar a crominancia cun sinal dobremente modulado, en amplitud e en fase. Isto recibe o nome de modulación en cuadratura.
A saturación vai na amplitude do sinal de croma e a tinguidura na fase. Este sinal de croma dise que vai modulado na subportadora de cor e sumada ao sinal da luminancia. Estes dous sinais e mais os que levan información de sincronismo forman o sinal de vídeo. Para a sincronización do xerador de portadora no receptor fai falta mandar unha mostra desta, á que se denomina salva de cor ou burst, e vai incluída no pedestal posterior do sincronismo horizontal.