Formato dixital de vídeo que se constrúe a partir de JPEG, polo que cada fotograma é codificado JPEG independentemente do resto sen aproveitar a redundancia temporal.
Abreviatura:
MJPEG
Información complementaria:
O MJPEG pódese considerar un caso particular de MPEG onde só hai imaxes "I", as que se codifican independentemente do resto. O formato resultante ten pouca capacidade de compresión pero é adecuado para descargar secuencias capturadas por cámaras dixitais, xa que ten alta calidade e é fácil de editar. Pódese considerar un antecesor do formato DV25.
Ver tamén:
Joint Photographic Experts Group; Motion Pictures Expert Group; vídeo dixital