Oposición que presenta un elemento dun circuíto ante o paso da corrente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
R
Exemplo:
A unidade de resistencia eléctrica no Sistema internacional é o ohm.Información complementaria:
Matematicamente, considérase a parte real da impedancia. A resistencia pódese definir a través da lei de Ohm, pola que nos extremos dun elemento resistivo a tensión V é igual á corrente I multiplicada pola resistencia R.
Ver tamén:
admitancia; impedancia; ohm