Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cifraxe por bloques

Método de cifraxe simétrica que actúa sobre bloques de bits de lonxitude fixa e que non ten memoria, polo que coa mesma entrada e coa mesma clave o resultado será o mesmo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
cifraxe de lonxitude fixa
Exemplo: 
DES, AES e IDEA son métodos de cifraxe por bloques.
Información complementaria: 
A cifraxe por bloques é a cifraxe dixital máis básica. Pode empregarse como parte dun sistema máis complexo no que se creen cifrados con memoria ou no que se combine a cifraxe simétrica coa asimétrica.
Traducions
Tradución castelán: 
cifrado por bloques
Tradución francés: 
chiffrement par bloc
Tradución italiano: 
cifratura a blocchi
Tradución inglés: 
block cipher
Tradución alemán: 
Blockverschlüsselung