Cifraxe DES mellorada consistente en aplicala tres veces para lograr unha clave de maior lonxitude.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
TDES
Exemplo:
O triplo DES superou o problema do DES de ter unha clave moi curta.Información complementaria:
En triplo DES aplícase o método DES (un método por bloques) tres veces pero, normalmente, a terceira clave é igual que a primeira, xa que se demostrou que unha clave diferente non aumentaría a seguridade.
Triplo DES é un método seguro pero lento, por iso, se usa menos que AES ou IDEA.
Ver tamén:
cifraxe; cifraxe por bloques; Data Encryption Standard