Sistema de procesamento de sinais que ten a propiedade de linealidade (superposición e escalado) e a de invarianza no tempo e o comportamento deste non depende de onde se coloque a orixe do eixe temporal.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
sistema LIT
Exemplo:
Os amplificadores e os filtros son exemplos de sistemas lineais e invariantes no tempo.Información complementaria:
Os sistemas lineais e invariantes son os máis importantes do procesamento de sinal. Poden caracterizarse por unha función chamada resposta ao impulso. Un sistema lineal e invariante pode modificar os sinais pero nunca fai aparecer frecuencias que non estivesen presentes na entrada.
Ver tamén:
invariante; resposta ao impulso; sistema lineal