Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

coordenada homoxénea (02)

Coordenada amplamente usada para a representación de escenas en tres dimensións, para engadir unha cuarta dimensión ás coordenadas dun punto.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
N/A
Información complementaria: 
Á hora de facer representacións gráficas de espazos en 3D, os movementos dos obxectos son sempre rotacións, escalados, deformacións e translacións. Rotacións, escalados e deformacións calcúlanse mediante produtos de matrices e as translacións calcúlanse mediante sumas. Usando esta cuarta dimensión é posible expresar os movementos de translación tamén mediante produtos de matrices, do mesmo xeito que os de rotación, escalado e deformación. Esta notación en forma matricial emprégase en bibliotecas de programación gráfica en 3D como OpenGL. Expresar todos os movementos dos obxectos 3D como produtos de matrices fai que sexa doado crear circuítos integrados que realicen en paralelo os cálculos asociados aos movementos dos obxectos representados na pantalla en tempo real. Estes circuítos son unha peza fundamental das tarxetas gráficas dos ordenadores.
Antónimos: 
-
Ver tamén: 
Open Graphics Library; procesador gráfico; tarxeta gráfica
Traducions
Tradución castelán: 
coordenadas homegéneas
Tradución inglés: 
homogeneous coordinate