Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Non Uniform Rational B-Splines

'B-Splines racionais non uniformes', modelo matemático moi utilizado nos gráficos por ordenador para xerar e representar curvas e superficies baseado nos splines racionais que poden dispoñer dun vector de nodos non uniforme.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino que non admite singular (anteollos)
Sinónimos: 
surfaces splines
Información complementaria: 
Son a base de case todas as rutinas de deseño de curvas e superficies de formas libres. As NURBS son representacións matemáticas de xeometría en 3D capaces de describir calquera forma con precisión, desde simples liñas en 2D, círculos, arcos ou curvas, ata os máis complexos sólidos ou superficies orgánicas de forma libre en 3D. Grazas á sua flexibilidade e precisión, pódense utilizar modelos NURBS en calquera proceso, desde a ilustración e animación ata a fabricación. A forma dunha NURB contrólase cunha serie de puntos de control, un grao, asociado á orde das funcións que lle dan soporte, e un vector de nodos que vai indicando que puntos concretos son os que determinan a forma da curva (ou a superficie) para cada valor do parámetro.
Ver tamén: 
spline
Traducions
Tradución portugués: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS
Tradución castelán: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS
Tradución francés: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS
Tradución italiano: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS
Tradución inglés: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS
Tradución alemán: 
Non Uniform Rational B-Splines; NURBS