Texto de recheo das imprentas e arquivos de texto utilizado para facer borradores.
Categoría Gramatical:
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Información complementaria:
Lorem ipsum foi o texto de recheo estándar das industrias desde o ano 1500, cando un impresor descoñecido usou unha galería de textos e os mesturou de tal xeito que logrou facer un libro de textos estándar. Non só sobreviviu 500 anos, senón que tamén ingresou como texto de recheo en documentos electrónicos, quedando esencialmente igual ao orixinal. Foi popularizado nos sesenta coa creación das follas "Letraset", as cales contiñan pasaxes de lorem ipsum, e máis recientemente con programas de autoedición, por exemplo Aldus PageMaker, o cal inclúe versións de lorem ipsum.