Novo contorno de desenvolvemento en Java pensado para desenvolver xogos educativos e que conta con licenza GNU de código aberto.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Construído polo equipo de BlueJ, con Greenfoot é moi doada a creación de aplicacións gráficas interactivas (tales como xogos e simulacións). Este contorno tamén é ideal para axudar a facer programacións nas escolas secundarias e nos cursos de ingreso á universidade, aínda que realmente pode facer moito máis que iso.
Ver tamén:
BlueJ; código aberto; Java