Contorno Java desenvolvido como parte dun proxecto de investigación universitaria sobre o ensino da orientación a obxectos para os principiantes en programación.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
O obxectivo de BlueJ é proporcionar un contorno fácil de utilizar para a aprendizaxe da linguaxe Java para o primeiro ano dos estudantes universitarios. Fai especial fincapé nas técnicas de visualización e interacción para crear un contorno interactivo que alenta a experimentación e a exploración. O sistema está sendo desenvolvido e mantido por un grupo de investigación na Universidade de Deakin, Melbourne, Australia, e na Universidade de Kent en Canterbury, Reino Unido. O proxecto conta co apoio de Sun Microsystems.
Ver tamén:
Greenfoot; NetBeans