Aplicación informática libre e multiplataforma para edición de vídeo, actualmente dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, Mac OS X, Irix e Windows, e proximamente tamén para Solaris.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Utiliza OpenGL e OpenML o que permite a animación en 3D, ademais de posibilitar editar a música e o audio a utilizar nos vídeos. Permite o almacenamento compartido dos vídeos creando unha pequena rede de distribución.
Ver tamén:
Linux; Mac OS X; Open Graphics Library; Open Media Library; Windows