Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

computación en nube

Tecnoloxía que permite ofrecer servizos de computación na que os recursos se proporcionan a través de Internet, seguindo a actual tendencia de basear as aplicacións en servizos virtuais e escalables dinamicamente, aloxados de forma externa á propia web.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
NA
Exemplo: 
O servizo de Google Apps é un exemplo de computación en nube.
Información complementaria: 
Determinados servizos teñen distribuída a carga computacional entre moitas máquinas, co cal funcionan baixo o sistema de computación en nube. Neste tipo de computación todo o que pode ofrecer un sistema informático ofrécese como servizo, de modo que os usuarios poidan acceder aos servizos dispoñibles na nube de Internet, sen coñecementos (ou, polo menos sen ser expertos) na xestión dos recursos que usan. Segundo o IEEE Computer Society é un paradigma no que a información se almacena de xeito permanente en servidores en Internet e se envía a cachés temporais de cliente, o que inclúe equipos de sobremesa, centros de ocio, portátiles, etc.
Traducions
Tradución portugués: 
Cloud Computing; computaçâo em nuvem
Tradución castelán: 
computación en nube
Tradución francés: 
cloud computing; informatique en nuages
Tradución italiano: 
cloud computing
Tradución inglés: 
cloud computing
Tradución alemán: 
cloud computing