Conxunto de correos electrónicos nos que se pretende que a persoa que o reciba o volva a reenviar a múltiples destinatarios, co fin de que alcance o maior número de receptores posible.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
correo electrónico en cadea; correo encadeado; correo electrónico encadeado; cadea de mensaxes; cadea de correos; cadea de correos electrónicos
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Os correos encadeados conseguen a súa difusión ben a través da emotividade do usuario (unha persoa que busca un familiar, unha mascota ou unha solución a unha enfermidade ou transplante) ou a través do interese económico.
O fin principal dos correos electrónicos encadeados é conseguir enderezos de correo activos, os dos usuarios que reenvían o correo.
Ver tamén:
correo electrónico; comunicación viral