'Asociación de terceira xeración', formato de ficheiro creado para a súa utilización como contedor multimedia en teléfonos móbiles.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
3GPP
Abreviatura:
3GP
Exemplo:
O vídeo musical que descarguei para o móbil está en formato 3GP.Información complementaria:
Os arquivos 3GP conteñen vídeo ou audio en calquera dos formatos aceptados pola norma: o vídeo en formato MPEG4 ou H.263; o audio en formatos AMR ou AAC. Aínda que é un formato desenvolvido para os móbiles, existen moitos programas de ordenador que permiten a súa reprodución nunha computadora.
Ver tamén:
Advanced Audio Coding; contedor multimedia; formato de arquivo; MPEG4; H.263