'Serie ATA', conexión de periféricos que permite acadar máis ancho de banda e a conexión de oito dispositivos baixo un mesmo cable de sete fíos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
interface PATA
Abreviatura:
Serial ATA; SATA; S-ATA
Información complementaria:
Atende ás especificacións do "Serial ATA Working Group". A norma SATA máis que unha arquitectura en serie de ATA é unha arquitectura en estrela, na cal o controlador, instalado na placa, permite conectar directamente ata oito dispositivos. A conexión directa ten a vantaxe de que cada dispositivo accede a todo o ancho de banda ao non compartir a mesma faixa de conexión (como ocorría con PATA). Os 80 pins da faixa típica de PATA quedan reducidos a sete o que permite unha mellor ventilación do sistema. Existe actualmente SATA-150 (150 MByte/s de transferencia), SATA-II ou SATA-300 (300 MByte/s) e proximamente SATA-600 (600 MByte/s). Pode parecer que despraza os "vellos" SCSI, pero aínda lles queda ser tan fiables coma eles para contornos profesionais nos cales o custo dun erro de transferencia pode valer moitos cartos.