Compresión con perdas dun ficheiro de audio ou vídeo mediante a eliminación das mostras non-significativas para a percepción humana tras un estudo sofométrico.
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Nos sistemas de audio e vídeo, moitas veces as variacións moi próximas de mostras non son notables, polo que se eliminan estas mostras conseguindo mandar menos información por segundo. Un exemplo é o mp3: cando hai unha fonte e se comprime a unha taxa de 320 kbit/s a diferenza co orixinal apenas é perceptible, mentres que se se utilizan 128 kbit/s faltaranlle harmónicos ao son (ao que comunmente se lle chama "brillo").
Ver tamén:
compresión sen perdas; compresión con perdas; densidade de bits