Linguaxe multiplataforma de programación orientada a obxectos, creada por Sun Microsystems, semellante a C e C++.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Instalei a última máquina virtual de Java no meu equipo.Información complementaria:
Por ser unha linguaxe multiplataforma, o mesmo programa pode ser executado en diferentes sistemas operativos sen cambios. Para iso precisa da instalación da máquina virtual de Java. Os principais navegadores do mercado permiten executar miniaplicacións desenvolvidas en Java.
O programa desenvolvido en Java funcionará sobre unha Máquina Virtual Java. Esta máquina virtual é a que se encarga de comunicarse coa máquina hardware real e é vista polas aplicacións Java sempre do mesmo xeito con independencia da máquina real que haxa por debaixo da máquina virtual Java.