Rede interna da vivenda que permite que todos os dispositivos estean conectados, con ou sen fíos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
rede de área doméstica; rede interior domótica; rede HAN
Información complementaria:
Normalmente divídense en tres tipos de redes segundo o tipo de dispositivos que se vaian interconectar e das aplicacións que se vaian ofrecer: rede de control, rede de datos e rede multimedia; é necesario que estea comunicada co exterior a través de redes públicas de telecomunicación (RTC, RDSI, Internet, etc). As tres redes que forman a rede HAN están constituídas na actualidade por distintas tecnoloxías, aínda que é bastante probable que durante os próximos anos se produza unha integración de todas elas.