Sistema de sinalización da presenza de individuos no interior dunha vivenda ou en determinadas estancias desta, que fai saltar a alarma cando detecta o movemento das persoas ou cousas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Os principais sistemas volumétricos baséanse en infravermellos, ultrasóns ou microondas. Permiten cubrir unha ampla zona e presentan unha gran fiabilidade. Colócanse nas zonas altas da vivenda orientados cara abaixo e apuntando ás zonas habituais de paso.