Protocolo sinxelo de instalar cunha rede de subministración de enerxía a todos os dispositivos e unha topoloxía totalmente aberta que é utilizada por todos os dispositivos e aplicacións.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
É de baixo custo, e ten capacidade de evolución debido a que o protocolo permite achegar funcións conforme as necesidades o esixan. Baséase no modelo OSI proporcionando unicamente os niveis 1, 2 e 7. Ten a certificación como estándar europeo CENELEC e está descrito no estándar francés NFC 46620, polo tanto, está totalmente aberto podendo implementalo calquera empresa. Para o seu funcionamento utiliza un único bus de par trenzado apantallado ou non, como medio de transmisión, sen necesidade de ser adaptado en impedancia e pode soportar diversas topoloxías: bus, estrela, anel, árbore ou calquera combinación destas.
Ver tamén:
bus