Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

xestión de versións

Proceso de xestión de servizos que se encarga da implementación e do control da calidade de todo o soporte lóxico e físico instalado que presta servizo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
O proceso de xestión de versións debe colaborar estreitamente co de xestión de cambios e de configuracións para asegurar que toda a información relativa ás novas versións se integran axeitadamente na CMDB de forma que esta estea correctamente actualizada e ofreza unha imaxe real da configuración da infraestrutura da rede. O proceso debe manter actualizada a biblioteca de programas definitivos (en inglés DSL) onde se gardan copias de todo os programas en produción e o depósito do soporte físico definitivo (en inglés DHS) onde se almacenan pezas de reposto e documentación para unha rápida reparación de problemas deste soporte.
Traducions
Tradución castelán: 
gestión de versiones
Tradución inglés: 
release management
Tradución alemán: 
Release Managemente