Versión multiusuario da multiplexación por división de frecuencias ortogonais que permite que un conxunto de usuarios dun sistema de telecomunicacións poida compartir o espectro dunha canle para aplicacións de baixa velocidade.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
multiplexación OFDMA
Información complementaria:
O acceso múltiple conséguese dividindo a canle nun conxunto de subportadoras que se reparten en grupos en función da necesidade de cada un dos usuarios. Para conseguir maior eficiencia, o sistema realiméntase coas condicións da canle, adaptando continuamente o número de subportadoras asignadas ao usuario en función da velocidade que este necesita e das condicións da canle. Deste xeito se a asignación se fai rapidamente, conséguense cancelar de forma eficiente as interferencias coa canle proporcionando unha maior eficiencia espectral que a multiplexación por división de frecuencias ortogonais.
Ver tamén:
multiplexación por división de frecuencias ortogonais