Páxina web persoal na que a xente fai os seus propios comentarios.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
blog
Información complementaria:
A asociación conceptual que se fai habitualmente con "bitácora" vén de que nestes cadernos dos barcos se rexistraban as incidencias diarias, mentres que a palabra "blog" procede de acurtar "weblog". A diferenza coa páxina web tradicional é que non require coñecementos avanzados previos de programación nin de deseño, pois con moitos provedores deste servizo abonda con rexistrase para ter directamente onde apuntar e publicar comentarios. É unha boa ferramenta para difundir opinións, coñecementos e noticias e adoitan levar enlaces de subscrición que avisan dos novos contidos da bitácora.
Ver tamén:
audiobitácora; bitácora publicitaria; bitacoreiro; bitacoreo; bitacosfera; fotobitácora; microbitácora; mobitácora; videobitácora