Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

C++

Linguaxe de programación, deseñada como extensión da linguaxe de programación C.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Abrangue tres paradigmas da programación: a programación estruturada, a programación xenérica e a programación orientada a obxectos. Deseñada a mediados dos anos oitenta, por Bjarne Stroustrup. Actualmente existe un estándar, denominado ISO C++, ao que se uniron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. As principais características do C++ son as facilidades que proporciona para a programación orientada a obxectos e para o uso de padróns ou programación xenérica (templates). Ademais posúe unha serie de propiedades difíciles de encontrar noutras linguaxes de alto nivel como son a posibilidade de redefinir os operadores (sobrecarga de operadores) e a identificación de tipos en tempo de execución (RTTI). Considerada como a linguaxe máis potente, debido a que permite traballar tanto a alto como a baixo nivel, é, con todo, un dos que menos automatismos trae (obriga a facelo case todo manualmente ao igual que C), o que dificulta a súa aprendizaxe.
Ver tamén: 
capacidade da canle
Traducions
Tradución portugués: 
C++
Tradución castelán: 
C++
Tradución francés: 
C++
Tradución italiano: 
C++
Tradución inglés: 
C++
Tradución alemán: 
C++