Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

control automático de ganancia (01)

Sistema realimentado adaptativo do que dispoñen todos os receptores para adecuar os valores de amplificación das primeiras etapas, que ten como obxectivo garantir un nivel de saída estable independente das flutuacións de nivel de entrada dentro dunhas marxes.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
CAG
Información complementaria: 
Todo receptor necesita amplificar (aumentar a potencia do sinal recibido). Este aumento de potencia debe ser da magnitude adecuada. Un exceso saturaría o receptor e un valor demasiado baixo non permitiría a boa recepción do sinal. O CAG mide a potencia do sinal que se está a recibir e se está por riba do permitido ordena unha menor amplificación, mentres que se o sinal está por baixo dos límites fai o contrario.
Ver tamén: 
amplificador; ganancia
Traducions
Tradución portugués: 
controle automático de ganho
Tradución castelán: 
control automático de ganancia; CAG
Tradución italiano: 
controllo automatico del guadagno
Tradución inglés: 
Automatic Gain Control; AGC
Tradución alemán: 
Automatische Verstärkungsregelung